viernes, 22 de agosto de 2008

-III Festival de Jazz Pontedeume-

Outro ano máis temos o prazer de argallar o Festival de Jazz Pontedeume, e xa ímos polo terceiro.

Desta volta, faremos 3 días de concertos.

O xoves 4 de setembro haberá un concerto no pub O'Trasteiro co grupo Hot Kawa Club a partires das 20:00 h, e, as 00:00h, na Sala Coliseo, haberá unha Festa Acid Jazz + o sorteo das rifas que estamos a vender.

O venres 5 de setembro, na Sala Coliseo, o concerto correrá a cargo dos grupos Jacobo de Miguel Quarteto e Sumrra, a partires das 22:30 h e, o remate destes haberá unha xoldra jam Session, para @s que queirades participar.

O sábado 6 de setembro, a partires das 12:00 h haberá unha sesión vermouth na Praza da Calzada na que haberá Chili & Crepes feitos por Frank (dono e cociñeiro do Ratatouille - na Coruña-); as 22:30 h dará comezo o último dos concertos desta edición que correrá a cargo dos grupos A MAgnifique Bande des Homme Sans Peur, Miñor Swing, Rendez-Vous project e Organic Collective, na Praza da Calzada.

Esperemos que vos guste a tod@s!!

lunes, 11 de agosto de 2008

-Presentación do carteze do III Festival de Jazz Pontedeume-

O vindeiro xoves 14 de agosto, terá lugar a presentación do carteze do III Festival de Jazz Pontedeume, argallado pola A.C. Pontedamusica, no cal haberá unha mexilonada a partires das 21:00 h e, a continuación, a actuación do conxunto International Gypsy Project ás 23:00 h.

O evento terá lugar na Praza da Calzada.

O III Festival de Jazz de Pontedeume terá lugar en tres días consecutivos: ó 4, 5 e 6 de setembro.

O día 4 tocará un grupo no pub O'Trasteiro, o día 5 haberá unha jazzsession na Sala Coliseo e, o día 6, terá lugar un concerto na Praza da Calza como culminación ó Festival.

martes, 17 de junio de 2008

-Concerto de Skacha-


Concerto punk-rock em Pontedeume,cos grupos Skacha(street punk dende Vigo) +ArengA(punk-rock PPontedeume)+Kaskarria punk¡¡ (punk deskiziado dende Cariño)...agardamos a vosa presenza...Punktuais¡¡

sábado, 10 de mayo de 2008

-Rudie can't fail-

Esta é unha pequena incursión que nada ten que ver co que argallamos na asociación.

É un concerto do grupo The Rudies, no bar O Abrevadeiro.

domingo, 20 de abril de 2008

-Fotos do I Concurso de Monólogos Pontedamúsica-

Eiquí vos deixo algunhas das fotos do I Concurso de Monólogos Pontedamúsica. Tardamos un pouco pero, xa se sabe: máis vale tarde ca nunca...

martes, 18 de marzo de 2008

-Mañá concurso de monólogos-

Mañá, 19 de marzo, terá lugar na Praza da Calzada o Primeiro Concurso de Monólogos, argallado pola A.C. Pontedamusica, e terá como artista convidado a Suso Lista.Para este primeiro certame preséntanse 8 monologuistas, dos cales, os 3 primeiros, serán premiados con 150, 100 e 50 €, segundo o criterio do xurado, que estará formado por Suso Lista, Marcos e Fernando Carrera.

Antes do concurso haberá unha "mejillonada" a partires das 20:00 h., e o concurso está previsto que comeze a partires das 22:00h

¡Vémonos na Praza da Calzada!

viernes, 29 de febrero de 2008

-1º Concurso de Monólogos-

O vindeiro martes, 19 de marzo, terá lugar o Primeiro Concurso de Monólogos, argallado pola A.C. Pontedamusica, e terá como artista convidado a Suso Lista.

Antes do concurso haberá unha "mejillonada" a partires das 20:00 h.

As bases do concurso son as seguintes:

1º Poderán presentarse todas aquelas persoas que o desexen.
2º O tema será libre, sempre e cando sexa cómico, e o guión poderá ser orixinal ou unha adaptación.
3º Os monólogos non poderán ter unha duración inferior a 10 minutos nin superior aos 15 minutos.
4º A inscripción será no bar O Abrevadeiro (praza da Calzada), ou enviando un e-mail a: pontedamusica@hotmail.com, ou chamando ao teléfono 696 188 512 , aportando os seguintes datos: nome e apelidos; localidade; e-mail ou telefóno do artista.
5º O prazo de inscripción remata o 17 de marzo.
6º Un xurado asinado pola asociación, decidirá quenes son os gañadores.
7º O acto terá lugar o mércores 19 de marzo na Praza da Calzada (Pontedeume).

martes, 15 de enero de 2008

-Primera reunión de la asociación-

Domingo 20 de enero a las 21h, primera reunión de la asociación ponte da música en el bar O Abrevadeiro.
Quien quiera hacerse socio puede hacerlo en "o abrevadeiro" pontedeume.